Madrid condensa o maior núcleo de persoas afectadas polo coronavirus e o seu sistema sanitario vive unha situación de auténtico colapso. É por iso que moitos veciños da capital do Estado, desatendendo as recomendacións das autoridades sanitarias, estanse desprazando ata as zonas onde teñen segundas residencias de veraneo para fuxir da expansión do coronavirus.
O costa levantina, Sanxenxo ou vilas como Pontedeume e Cabanas están sufriendo as consecuencias destas polémicas decisións. Tanto é así que nos últimos días deceas de casas están volvéndose a encher nunhas datas pouco frecuentes. “Nas casas onde soamente veñen a veranear vense chimineas botando fume”, explicaba unha das veciñas de Cabanas.
Este fluxo de persoas non está a ser alleo aos Concellos, que xa pediron a estes novos visitantes que extremen as precaucións. “Ante o incremento da afluencia ao noso Concello e limítrofes de persoas residentes en Comunidades Autónomas afectadas gravemente polos efectos do virus Covid-19 (Coronavirus), fáiselles un chamamento a extremar as precaucións a fin de non favorecer a propagación do mesmo, polo que prégase eviten sair das súas vivendas a non ser por motivos de extrema necesidade”, solicitaba onte Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, a través das redes sociais.
A chegada destes veraneantes inesperados obligou incluso ao concello de Cabanas a ampliar o seu plan de prevención. “Tras ter detectada a chegada de numerosos visitantes desde comunidades cun alto número de casos por COVID-19, o goberno de Cabanas vén de publicar un novo decreto que actualiza o bando emitido na mañá de onte”, explicaba nun comunicado o Concello.
Así mesmo, os Concellos afectados consideran que “é necesario poñer en coñecemento da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade dita chegada de visitantes a efectos de adopción das medidas pertinentes”.
Controversia
A situación está a xerar controversia entre a veciñanza destes concellos e son moitos os que están criticando a actitude destes novos residentes cos que normalmente comparten vila de xuño a setembro. “Creen que veñen aquí de vacacións, mentres o resto temos que quedar en casa”, denunciaban algúns veciños que, ademáis, alertaban da incerteza de que algúns dos viaxeiros pudieran estar infectados. “Non sabemos se veñen a pasar cuarentena, a pasar a enfermidade ou se veñen sanos”, criticaba otra de los vecinos.