Pontedeume e Narón ceden as súas Aulas CeMIT para os exames universitarios

O alumnado interesado en acudir a esta aula deberá rexistrarse como usuario da Rede CeMIT na web e posteriormente facer a reserva de praza
IMG_2077_opt

Os Concello de Pontedeume e Narón veñen de asinar un convenio de colaboración coa a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña para poñer a disposición as súas Aula CeMIT para a realización de exames por parte dos estudantes universitarios.

No caso de Pontedeume a cesión da aula CeMIT realizarase os martes e xoves en horario de 10:30 a 14:00 horas, en a de Narón de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 . O alumnado interesado en acudir a esta aula deberá rexistrarse como usuario da Rede CeMIT na web cemit.xunta.gal e posteriormente facer a reserva de praza na Aula CeMIT para a realización do exame. 

O alumnado debe presentarse na Aula cumprindo as medidas de seguridade recomendadas (manter a distancia de seguridade de dous metros, levar luvas e mascarilla e hixiene de mans). Para solventar dúbidas pódese chamar ao teléfono 981 910 359 ou escribir á dirección [email protected] ou [email protected]

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.