Pontedeume homenaxea aos seus atletas

O palista do Club Náutico Firrete de Pontedeume, Santiago Cruz e a judoca June Moreno, do AD Judo Ferrolterra, obtiveron o galardón como mellores deportistas do ano 2020 e 2021
June Moreno recibiu o premio da man do alcalde, Bernardo Fernández
June Moreno recibiu o premio da man do alcalde, Bernardo Fernández

A Casa da Cultura de Pontedeume acolleu este sábado, 28 de xaneiro, a gala de entrega de galardóns aos deportistas eumeses máis destacados das últimas tempadas.  Un acto moi especial no que se tivo a oportunidade, como lembrou o edil de Deportes, Joshua Dopico, “de poder mostrar e recoñecer o esforzo e sacrifico das nosas e nosos deportistas; así tamén como o loable traballo por parte da xente que de maneira totalmente desinteresada, dedica horas e horas ó longo de todo un ano para poder manter ás entidades no máis alto do panorama deportivo”.

Ademáis dos deportistas premiados, familiares, amigos, compañeiros de club, adestradores e directivos abarrotaron a sala do antiguo convento de San Agustín onde se entregaron os galardóns. Realizáronse mencións especiais por parte dos clubes, mencións especiais por parte do Concello de Pontedeume, galardoadas e galardoados por parte dos clubes e se rematou o acto cas entregas dos galardóns ós mellores deportistas das tempadas 2020 e 2021. O alcalde da vila, Bernardo Fernández, así que outros membros do goberno e da corporación, foron os encargados de entregar os recoñecementos aos atletas eumeses.

O rexedor local quixo pór o foco no traballo que realizan os clubes “sen os cales —dixo— non sería posible a supervivencia destas entidades deportivas” que tantos éxitos individuais e colectivos teñen colleitado. Bernardo Fernández tamén puxo en valor o talento local: “Non é normal que nunha vila deste tamaño haxa tantos deportistas de élite e que teñan obtido tan bos resultados en competición autonómicas, nacionais e mesmo internacionais. O vencello de Pontedeume co deporte é moi especial”.

O palista do Club Náutico Firrete de Pontedeume, Santiago Cruz, levou o premio ao mellor deportista do ano 2020, mentres que a judoca June Moreno, do AD Judo Ferrolterra, obtivo o mesmo galardón como mellor deportista do ano 2021. Nas mención especiais por parte dos clubes, os galardoados foron Xulio Abelleira (ADC Monte Breamo), Miguel Fontán (Eume Deportivo), o conxunto alevín do Club Acordes e Julio Varela (Escola Judo Pontedeume). As mencións especiais por parte do Concello de Pontedeume foron para o loitador de grappling Ramón Placer e o fondista Juan Bedoya.

Os propios clubes da vila tamén quixeron recoñecer o talento local e outorgaron os correspondentes galardóns a Rubén Tenreiro (ADC Monte Breamo), Mara Iglesias (Club Acordes Pontedeume), Iker Veiga e Antón Cao (CN Firrete), Sabela Daviña e Eva González (CN Firrete), Eume Deportivo Xuvenil, o equipo sénior do Eume Deportivo, Miguel Portela e June Moreno (Escola Judo Pontedeume) e César Filegueiras e Pablo López (Club Balonmán Pontedeume).

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.