Pontedeume invita aos veciñós a festexar os Maios desde a casa

O Concello propón crear figuras e flores con papel, plástico, cartón ou calquera material reciclado

O Concello de Pontedeume celebra mañá a súa tradicional Festa dos Maios e invita aos seus veciños e veciñas a facelo desde as súas casas, xa que pola crise do coronavirus non se poderá facer da forma habitual. Por tal motivo, o concello anima á veciñanza a confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera outro elemento. “Entre os seus elementos decorativos ten que haber flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe”, lembran desde o concello.

Os veciños e veciñas que así o desexen poden subir na xornada de mañá unha foto ou pequeno vídeo das súas confeccións ás redes sociais, en aberto para que todos poidan vela, co hashtag #pontedeumemaiosnacasa ou etiquetando ao Concello de Pontedeume. Nas redes sociais do Concello, os eumeses e eumesas teñen á súa disposición enlaces e tutoriais que poden servir de axuda para confeccionar os maios.

Salir de la versión móvil