Pontedeume organiza un concurso de disfraces polo Samaín

Serán os establecementos de hostalaría da vila os encargados de realizar a valoración para elixir aos gañadores
51432_4-2048x1394
Dentro das actividades polo Samaín que organiza o Concello de Pontedeume, unha das máis esperadas é o concurso de disfraces, que se realizará nesta ocasión en colaboración cos establecementos de hostalaría da vila. Todos os establecementos que desexen participan poden inscribirse ata o mércores 26 de outubro no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.
Será durante a propia noite do sábado 29 de outubro, noite de Samaín, cando as persoas caracterizadas para a ocasión poden recoller a súa tarxeta de participación no concurso. Estableceranse tres categorías: individual, por parella ou por grupo. Os establecementos de hostalaría colaboradores neste Samaín serán os encargados de realizar a valoración en función da creatividade, maquillaxe, esforzo de elaboración e posta en escena.
O reconto das puntuacións será o domingo día 30 e daranse a coñecer os disfraces gañadores que terán como agasalloo a estancia dunha fin de semana para dúas persoas para os vencedores na categoría individual ou de parella, e dunha cea na categoría grupal. Durante os vindeiros días anunciarase o listado de establecementos que participan neste concurso de Samaín así como as instrucións para as persoas que desexen participar.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.