Pontedeume pon en marcha os seus campamentos de verán para favorecer a conciliación das familias

Haberá dúas actividades, os Rueiros de Verán 2020 e as Acampadas Intermunicipais na Natureza, nos que se poden realizar inscricións desde hoxe
M1-1267232-1

O Concello de Pontedeume organiza un ano máis os seus campamentos de verán para nenos e nenas co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral. En concreto, poñeranse en marcha dúas actividades como son os Rueiros de Verán 2020 e as XXXII Acampadas Intermunicipais na Natureza. Debido á crise sanitaria da Covid-19, aplicaranse as normas e protocolos que para este tipo de iniciativas decreten as autoridades sanitarias.

Os primeiros están dirixidos a nenas e nenos de 3 a 12 anos durante a segunda quincena de  xullo e o mes de agosto nas instalacións do CEIP Couceiro Freixomil (25 prazas) e nas do CEIP Andrade (25 prazas). E as acampadas dividiranse nun Campamento Multiaventura do 31 de xullo ao 8 de agosto para rapaces e rapazas de 12 a 17 anos e o Campamento Robinson do 9 ao 15 de agosto para nenas e nenos de 6 a 11 anos.

Estas actividades forman parte do Programa de Educación en Valores no que se traballa dende a área municipal de Animación Socio Comunitaria, «co obxectivo de dotar dun contido educativo e lúdico todas aquelas dinámicas desenvoltas ao longo dos días no que se realizan os campamentos», explican desde o consistorio.

Despois do estado de alarma, os campamentos responden á necesidade que teñen moitas familias eumesas á hora de conciliar a súa vida familiar e laboral nas próximas semanas. Os interesados poden realizar as súas inscricións a partir de hoxe no departamento municipal de Servizos sociais, previa cita teléfonica no 981 433 288.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.