Pontedeume prepara un verán activo con multitude de propostas deportivas

O concello abre agora un prazo de preinscrición ata o 13 de xullo

O Concello de Pontedeume fixo público hoxe o seu programa de actividades deportivas durante o verán, co obxectivo de fomentar os hábitos de vida saudables e impulsar a conciliación familiar e laboral. Nesta ocasión, debido á situación provocada pola pandemia da Covid-19, o concello modificou a proposta de anos anteriores para cumprir con todos os protocolos e preservar a saúde dos participantes.

Para menores, realizaranse diversas actividades os martes e xoves en horario de 10.30 a 13.00 horas, tendo como referencia o IES Fragas do Eume.  Cada grupo utilizará un espazo delimitado sen que se xunten con outros grupos. Procurarase manter o distanciamento entre participantes e se reforzarán as medidas de hixiene. Realizaranse actividades como badminton, baloncesto, volley, hockey, patinaxe, urban dance, atletismo e xogos populares.

No caso dos adultos, realizaranse as actividades de ximnasia para maiores e pilates cun máximo de 15 alumnos por grupo. O concello abre agora un prazo de preinscrición ata o 13 de xullo e os interesados teñen máis información en www.pontedeume.gal ou no teléfono 981 433 041.

Salir de la versión móvil