Pontedeume presume de comercio local cun novo vídeo promocional

O Concello está a implementar unha campaña de concienciación para fomentar o consumo nos pequenos negocios trala crise do Covid

O Concello de Pontedeume acaba de presentar un video de apoio ao pequeno comercio e á hostalería local, que se suma a anteriores accións promocionais tanto en prensa como en radio dentro da campaña Pontedeume #mercanacasa.

Con esta peza audiovisual o goberno local quere “agradecer o esforzo realizado por todos os comerciantes e hostaleiros para unha vez superada a peor parte da crise sanitaria, ofrecer os seus produtos e servizos dentro dun marco que garante a máxima calidade e seguridade para os seus clientes”

O vídeo, que conta coa participación do actor eumés Román Martínez Placer, fai un percorrido por unha parte representativa do comercio da vila e amosa todo o proceso de adaptación dos diferentes establecementos para afrontar a reapertura.

 

 

 

Salir de la versión móvil