Pontedeume programa obradoiros, exposicións e actividades con motivo do 8M

O venres día 6 farase unha lectura pública dun manifesto institucional as 12.30 horas na praza Real
FM9C5F3_181210

O Concello de Pontedeume desenvolverá nas próximas semanas un programa de actividades para impulsar a igualdade real con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
«Crecendo en Igualdade» comezará este venres, 6 de marzo, coa lectura pública dun manifesto Institucional ás 12:00 horas na praza Real. Será o punto de partida doutras actividades como a exposición «Copas Rotas», de Adela Rodríguez (IES Breamo), ou o obradoiro «Pedras nos petos das mulleres», co alumnado dos IES Breamo e Fraga do Eume.

O obxectivo deste obradoiro é concienciar a través das artes plásticas de que as mulleres de ‘A xeración da igualdade’ seguen tendo atrancos para a igualdade.

Habera tamén nas próximas semanas obradoiros de defensa persoal para mulleres e as «II Xornadas de formación: A Administración Local con perspectiva de xénero» dirixidas a todo o persoal da administración local (tanto empregadas e empregados municipais como cargos políticos).

Por último, o Día do Deporte e a Igualdade será o domingo 3 maio, desde as 11:30 horas no Paseo Marítimo e en diferentes rúas e prazas da vila. “Quixemos darlle continuidade ao 8M con outras actividades de concienciación e iniciativas específicas para os mozos e mozas de Pontedeume, aínda queda moito traballo por diante no obxectivo de acadar unha igualdade real”, asegurou Raquel Caruncho, concelleira de Igualdade de Pontedeume.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.