Pontedeume renova o firme da Urbanización Olmo

Tamén repintará o aparcadoiro existente

O Concello de Pontedeume continúa co seu plan de renovación e mellora das vías e camiños municipais, tanto no casco urbán como nas parroquias. Unha das últimas actuacións é a reposición do pavimento de formigón das rúas laterais da Urbanización Olmo, así como o repintado do aparcadoiro.

Os traballos, que contan cun orzamento que ronda un total de 100.000 euros, está previsto que duren aproximadamente un mes, se ben os prazos poden variar polas condicións metereolóxicas. Esta actuación únese a outras recentes executadas nesta zona, como as do novo parque infantil.

 

 

Salir de la versión móvil