Con motivo das medidas tomadas respecto ás saídas controladas da poboación infantil, dende o pasado luns e ata 3 de maio o Concello de Pontedeume pon a disposición de todas as rapazas e rapaces menores de 14 anos empadroados na vila unha mascarilla cirúrxica. Esta primeira remesa se engade ás 12.000 mascarillas que se recibirán entre finais deste e mes e principios de maio para repartir nos domicilios de toda a veciñanza.
Para a distribución deste primer cargamento destinado aos menores de 14 anos, o Concello contará coa axuda loxística das farmacias para a realización da distribución deste material. Os puntos de recollida foron establecidos en función da dirección de empadroamento e primeira letra do apelido do rapaz ou rapaza, realizando unha distribución equitativa entre as diferentes farmacias adaptada aos seus horarios.
Dende o Concello piden que as recollidas se fagan, dentro do posible, de forma escalonada co obxectivo de non sobrecargar e interferir o menos posible no funcionamento habitual dos establecementos farmacéuticos. Cada mascarilla debe ser recollida por un adulto presentando o orixinal da tarxeta sanitaria, DNI ou identificación oficial do menor. Un adulto pode recoller varias mascarillas presentando a documentación necesaria.