Pontedeume saca a licitación as obras de conservación do Castelo de Andrade

Un dos principais atractivos turísticos da vila contará cunha inversión de máis de 34.000 euros para superar os máis de 5.000 visitantes rexistrados en verán
Andrade1

O Castelo de Andrade, que data do século XIV, constitúe todo un símbolo da memoria histórica de Pontedeume e é unha das apostas de revalorización por parte do actual goberno local, onde esta vez invertiranse 34.364 euros, cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o día 1 de outubro na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Conservación dun punto de atractivo turístico local

As accións de conservación, financiadas polo Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, consistirán na retirada da vexetación existente nos muros de todo o conxunto e o seu posterior tratamento, así como o mantemento e melloras de seguridade das escaleiras de acceso exteriores e interiores.

A esta acción de mellora da conservación do propio edificio únense as realizadas nos últimos cinco anos de promoción turística, como a instalación de mesas interpretativas, a elaboración de material informativo turístico e a sinalización de roteiros peonís, ademáis da organización das andainas que se estiveron a realizar durante os últimos meses cunha gran afluencia de participantes.

Todas estas iniciativas se reflicten nos máis de 5.000 visitantes que acudiron ao monumento durante a pasada tempada de verán e que superan aos rexistrados durante o ano 2019.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.