O Concello de Pontedeume presentou no pleno municipal de onte a súa adhesión ao ‘Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxía sostible’. O Pacto de Alcaldes é unha iniciativa de ámbito europeo que ten o obxectivo de lograr a implicación das entidades municipais na reducción de emisións de CO2, mellorar o uso de fontes de enerxía renovable e acadar a implantación de medidas de adaptación ante o cambio climático.
Este primeiro paso permitirirá ao concello acceder a axudas e subvencións para a realización de accións e estudos específicos, e así poder elaborar inventarios de emisións, coñecer as vulnerabilidades concretas da contorna e saber qué medidas adoptar para reducir e limitar o impacto do cambio climático.
“Queremos dar os pasos necesarios para coñecer a situación actual e tomar as medidas necesarias ante as consecuencias que provocará o cambio climático no noso tecido produtivo, social e económico”, sostén a concelleira Yolanda Vázquez.
Este primeiro paso se traduce na adhesión a este pacto e o acceso a subvencións para realizar os plans de estudo, accións e mitigación, unhas partidas que o concello xa solicitou, polo que está á espera da súa resolución para empezar a traballar neste eido.
Cerdido
Esta mesma semana outro dos concellos que tamén se sumou a este pacto foi o de Cerdido. O alcalde de Benigno Galego manifestou que “todos temos algo que facer e no ámbito da administración local deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias”. O Concello fará un inventario de referencia de emisións (IRE) para facer o seguimento da súa efectividade das accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático .
O Concello de Cerdido «deberá concentrar os seus esforzos en reducir a demanda de enerxía nos seus
territorios e adaptar a demanda enerxética á oferta promovendo a utilización de recursos enerxéticos», explicaron desde o goberno local.