Pontedeume xa é unha vila con wifi público

O Concello vén de poñer en marcha unha rede de puntos con conectividade a internet en diferentes zonas do municipio
A web municipal inclúe un mapeo das zonas con wifi público e gratuito
A web municipal inclúe un mapeo das zonas con wifi público e gratuito

O Concello de Pontedeume xa conta cunha rede gratuíta de WIFI operativa en distintos puntos da vila. A iniciativa inclúese no proxecto WiFi4EU da Unión Europea para a instalación de wifi en zonas públicas, promovendo o acceso gratuíto á conectividade en espazos públicos como parques e prazas. O Concello conseguiu unha axuda no marco do mencionado programa de 15.000 euros para poñer en marcha a rede wifi.

A primeira fase da aplicación deste proxecto comprende as ubicacións da Praza do Conde, Praza Real, Alameda de “Rajoy”, Parque Sarmiento e Parque Infantil do Paseo Fluvial Rosalía de Castro. Nesas zonas, a rede gratuíta de wifi xa está operativa, tras instalar os diferentes equipos de conexión e puntos de acceso. Cada unha das ubicacións estarán sinaladas cunha infografía, así como cun código QR para consultar as súas características e o seu manual de acceso. Ditos manuais están dispoñibles tamén na web do Concello.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.