Os concellos que habitualmente participan no proxecto Libera para limpar un metro cadrado de natureza non poderán facelo debido as circunstancias sanitarias excepcionais. Sen embargo, Concellos como o de Pontedeume non quere deixar de participar no Proxecto Libera para a limpeza e conservación da natureza en colaboración con SEO/BirdLife (Sociedade Española de Ornitoloxía) e Ecoembes.
Deste modo, desde o Concello súmase á campaña #LIBERA600px a través das redes sociais, «coa que convertiremos 1m2 de natureza nuna foto dese entorno que queremos conservar», explican. Desde xeito, invitan a todos aqueles que quieran participar a subir hoxe, día 13 de xuño unha ou varias fotos do espazo natural que desexan protexer libre de basuraleza seguida do hastag #LIBERA600px.