Presenta en Pontedeume o libro sobre María Vázquez, a mestra socialista fusilada polo franquismo

O acto celebrarase mañá da man da súa autora, Aurora Marco, na Casa da Cultura
Aurora Marco presenta en Pontedeume o libro sobre María Vázquez, a mestra socialista fusilada polo franquismo
Aurora Marco presenta en Pontedeume o libro sobre María Vázquez, a mestra socialista fusilada polo franquismo

A Casa da Cultura de Pontedeume acollerá este martes 25 de novembro, ás 20:00 horas, a presentación do novo libro da ensaísta Aurora Marco, titulado ‘María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo’. O evento está organizado pola librería Áncora, a editorial Alvarellos e o Concello de Pontedeume.

Na presentación participarán, ademais da autora, o alcalde Bernardo Fernández Piñeiro, a concelleira de Cultura Alejandra Bellón e o editor Henrique Alvarellos.

PUBLICIDAD

Bellón salientou que o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é “a ocasión perfecta” para dar a coñecer esta obra sobre María Vázquez, “unha mestra comprometida e adiantada ao seu tempo, asasinada por un franquismo intrinsecamente reaccionario e machista”.

María Vázquez, nacida en Sober, formouse na Coruña e exerceu como mestra na Pobra de Caramiñal e en Miño. Participou activamente na reforma pedagóxica da época e mantivo unha intensa implicación política e sindical, chegando a ser vogal da executiva da Agrupación Socialista de Pontedeume.

Tras o golpe de Estado de 1936, foi detida polo bando franquista acusada de defender a escola laica e o amor libre. Pasou polo cárcere de Pontedeume antes de ser fusilada en Miño poucos días despois.

O alcalde Bernardo Fernández Piñeiro convidou á veciñanza a asistir a este acto “fundamental para manter viva a memoria histórica da vila e, en particular, a das mulleres que se enfrontaron ao fascismo e sufriron a máis brutal represión”.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.