Pontedeume xa conta cun parque biosaudable cuberto para poder usarse todo o ano

As obras deste proxecto demandado polos veciños concluíron hoxe e a instalación xa está aberta ao público

O Concello de Pontedeume informa da finalización das obras de instalación da nova cuberta no parque biosaudable do municipio, ubicado no paseo marítimo.

A actuación permite cubrir por completo a zona de máquinas deportivas, co obxectivo de que os veciños e veciñas poidan usar o espazo durante os 365 dias do ano.

“Grazas á nova cuberta, damos resposta a unha demanda da veciñanza, que demandaba o uso do parque no inverno; desde agora, a instalación poderá ser utilizada durante todo o ano independentemente da meteoroloxía”, afirma o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández.

As obras dan ademais continuidade ao plan posto en marcha dende a chegada no 2015 do actual grupo de goberno para renovar e mellorar o conxunto das infraestruturas de ocio e deporte en todo o municipio.

 

Salir de la versión móvil