Santiago Cruz, un orgullo para o deporte eumés

O piraguista fíxose cunha medalla de ouro en K2 no campionato do mundo

Recepción a Santiago Cruz no Concello de Pontedeume.

O Clube de Piragüismo Firrete consolídase como un emblema deste deporte a nivel galego, español e internacional. O seu palista máis coñecido, o eumés Santiago Cruz, logrou facerse coa medalla de ouro no campeonato do mundo celebrado na Shaoxing (China).

Cruz e o seu compañeiro, o barquense Jesús Rodríguez, conseguiron ser os primeiros en rematar un percorrido de 20 quilómetros na categoría de K-2 Máster (veteranos), adiantando á parella arxentina e a sudafricana.

Un mérito que o Concello de Pontedeume recoñeceu facéndolle entrega dunha placa conmemorativa dos seus méritos e invitándoo a estampar a súa firma no libro de ouro do concello.

Na citada competición mundial o deportista do Grupo Xuvenil Matojoma de As Pontes, Carlos Pedreira, acadou a tercera posición na proba K-1 máster.

 

Relacionado: Éxito feminino pontés na Copa de España de Vela

 

 

Salir de la versión móvil