O Concello de Pontedeume está preparando o seu parque biosaúdable xunto ao paseo marítimo para que poida ser usado tamén nos meses de inverso. Con cargo ao Plan de Medio Ambiente da Deputación da Coruña e unha inversión duns 15.000 euros, estase construíndo unha cúpula que cubrirá por completo as máquinas e que permitirá o uso de ese espazo os 365 dias do ano.
Segundo explicou o alcalde, Bernardo Fernández, as obras poderán estar rematadas a finais do mes de xuño. O obxectivo é poder contar cunhas instalacións que se poidan usar tamén nos días de choiva e favorecer o envellecemento activo de boa parte da veciñanza durante todo o ano.