Unha nova edición da ‘Fashion Night’ chega este venres a Pontedeume

O programa inclúe un PhotoCall na praza Real e un obradoiro de customización de camisetas para nenas e nenos no concello

Imaxe de archivo da Fashion Night de Pontedeume | Fashion Night de Pontedeume

O Concello de Pontedeume e UCOA (Unión de Comerciantes e Autónomos Eumeses) organizan este venres, día 10 de xuño, unha nova edición da ‘Fashion Night’ con numerosas actividades para todas as idades.

O programa inclúe un PhotoCall na praza Real e un obradoiro de customización de camisetas para nenas e nenos no concello entre as 17:30 e as 21:00 horas.

A presentación do evento será ás 21:00 horas na praza Real, realizándose o desfile infantil ás 21:30 horas na mesma ubicación. Ás 23:30 horas entregaranse os premios do concurso ‘Pontedpinchos’ e o desfile de adultos será na praza do Conde ás 24.00 horas.

“Invitamos aos eumeses e eumesas a que o venres pola noite disfruten da ‘Fashion Night’ e desde o concello queremos tamén dar as grazas a todos os establecementos participantes, que aplicarán importantes descontos”, asegura Ángela Piñeiro, concelleira de Comercio.

A Charanga ‘Santacompaña’ e o grupo ‘Cuarteto de vento’ percorrerán as rúas do casco histórico, e haberá actuacións nas rúas Freixomil, Cantón e Ferreiros con ‘Fusion Dance’ e ‘Escola de danza Paso a paso’.

Salir de la versión móvil