Xa queda menos para que o campo de futbol da Gándara de Pontedeume conte cunha maior afección

Cun orzamento próximo aos 200.000 euros, as obras de construción da nova grada do estadio avanzan a bo ritmo

Tras rematar a instalación da estrutura metálica, as obras para a construción da nova grada do campo da Gándara de Pontedeume continúan nestes dias co encofrado previo ao formigado das distintas soleiras para a posterior instalación das piezas prefabricadas da bancada.

Este proxecto conta cun orzamento que ronda os 200.000€ e permitirá dotar ao campo de fútbol dunha infraestrutura moi demandada dende hai anos tanto polo club coma polos afeccionados e afeccionadas, permitindo gozar dos encontros ao longo de todo o ano, independentemente da climatoloxía.

Salir de la versión móvil