Xantar de Entroido para maiores en Pontedeume

O Concello organiza esta tradicional cita dirixida aos veciños da terceira idade do municipio
19_12_2013_comida_3_edad_4

O Concello de Pontedeume, dende o Programa de Dinamización Social e Fomento da Participación Cidadá, organiza para o vindeiro día 5 de marzo a tradicional Festa de Entroido dirixida ao veciños da terceira idade do municipio.

Unha actividade dirixida ao colectivo das persoas maiores para mellorar a súa calidade de vida e acadar un envellecemento activo real. Tal e como apuntan desde o goberno local, este xantar xeneracional naceu para convertirse «nun espazo de convivencia facilitador do establecemento de relacións interpersoais e sociais».

O evento celebrarase no Restaure a Ría de Pontedeume e comenzará contra as duas da tarde. Todas as persoas interesadas en participar na actividade poden informarse e inscribirse no Centro Municipal de Maiores ou no departamento de servizos sociais municipais.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.