A área sanitaria non logra frear o aumento de casos de Covid nos últimos catro días

Os concellos de Ferrol e Narón permanecen en alerta laranxa e o de Fene entra en amarela

A área sanitaria de Ferrol continúa a presentar uns datos positivos dentro do contexto galego, pero desde o pasado sábado a tendencia mudou radicalmente a peor. Desde o día 10 de outubro os casos por Covid-19 aumentaron dos 104 aos 136 de hoxe, o que supón que a zona volve a ser por enriba do límite de 50 casos por 100.000 habitantes que se estableceu de forma xeral para a Unión Europea como situación de risco. A área está actualmente en 59 casos nos últimos 14 días, que é mellor que a media galega de 135 casos por 100.000 habitantes.

Según os datos emitidos polo Sergas, os concellos que encabezan este aumento de casos son Ferrol (entre 38 e 76 por 100.000 habiantes), Narón (entre 14 e 21 casos) e Fene (entre 7 a 14 casos). O que non aumentou respecto da pasada semana foi o número de hospitalizados, que se manten en 5 ingresados no Marcide. En total, son 1.204 os veciños e veciñas de Ferrolterra, Eume e Ortegal contaxiados desde o inicio da pandemia, dos que 1.034 xa lograron superar o virus.

 

Salir de la versión móvil