26 activos e tan só dous ingresados con Covid na área de Ferrol

Hoxe cúmprense 17 días sen falecementos relacionados co coronavirus nas comarcas de Ferrolterra

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol, un menos que onte.

A boa nova e que dous doentes recibiron a alta hospitalaria e só quedan outros dous ingresados no Marcide. Xa son 23 os casos activos que se atopan en illamento no seu domicilio. Según o Sergas, 551 persoas superaron xa o virus na área de Ferrol e recibiron a alta epidemiolóxica. No caso dos falecidos, hoxe son xa 17 días sen novas mortes relacionadas co Covid-19, polo que o número de vitimas mortais segue sendo de 33.

 

 

Salir de la versión móvil