A alcaldesa de Narón asinou no un convenio de colaboración co presidente do Club Voleibol Narón Volea

O acordo asinado entre ambas partes suporá á administración local un desembolso de 10.000 euros, segundo apuntou Ferreiro
Convenio Club Voleibol Narón Volea

. A rexedora local, Marián Ferreiro, e o presidente do Club Voleibol Narón Volea, Plácido Vicente Armada, asinaron no Consistorio un convenio de colaboración dirixido á promoción e o fomento da actividade de voleibol e á participación do clube en diferentes campionatos desta modalidade deportiva. O acordo asinado entre ambas partes suporá á administración local un desembolso de 10.000 euros, segundo apuntou Ferreiro.

“Este club local fomentará a práctica de voleibol dende as categorías Benxamín ata Xuvenil, achegando este deporte a todas as persoas que queiran practicalo e, a maiores, conxuntamente co Concello continuaranse organizando eventos vencellados a esta actividade”, indicou a alcaldesa.

O presidente do Club Voleibol Narón Volea agradeceu a colaboración do Concello e, pola súa banda, Ferreiro felicitou ao representante da citada entidade deportiva polo traballo que realizan na cidade a prol do fomento do deporte en xeral e do voleibol en particular, e desexoulles moitos éxitos na actual tempada a todas e todos os integrantes do Narón Volea.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.