A alcaldesa visita o complexo deportivo da Gándara para coordinar o arranque dos cursos

O concello invertiu 6.000 euros para ampliar o espazo que, xunto coas respectivas medidas de prevención, farán das instalacións un lugar máis seguro
Visita complexo polideportivo A Gándara

Esta mañá as instalacións do complexo polideportivo municipal da Gándara acolleron a visita da alcaldesa, Marián Ferreiro, con motivo do próximo inicio do curso deportivo e para coordinar as medidas do protocolo autonómico para os grupos de risco que utilizan estas instalacións.

A rexedora local estivo acompañada polo edil de Deportes, José Oreona, e persoal do citado complexo polideportivo, ante o reinicio -previsto para o vindeiro 1 de outubro- dos cursos de Natación para bebés, Pilates, Ioga e Ximnasia de mantemento e tamén a reapertura da sala de musculación. Uns días máis tarde -concretamente o 8 de outubro- está previsto o inicio dos de Natación infantil -3 a 14 anos- e Natación de adultos.

Novas medidas e un maior espazo anti-Covid

«Con motivo das medidas establecidas de prevención da Covid-19 e para gañar espazo nas instalacións, sacáronse as taquillas dos vestiarios, recolocándose as que poden utilizar as usuarias e usuarios na zona de duchas do vestiario, un espazo no que polo momento non se utilizan esas duchas e que se decidiu habilitar para instalar as taquillas», indicou Ferreiro.

A alcaldesa visitou tamén a zona ampliada do ximnasio das instalacións, donde o goberno local investiu unha partida duns 6.000 euros. Con esta inversión o complexo deportivo aproveita área que estaba reservada para almacén inutilizada ata o momento. «Agora ao aumentar o ximnasio terá unha maior capacidade, limitada coas restricións precisas para cumprir cos protocolos de seguridade específicos derivados desta situación sanitaria”, explicoua rexedora local.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.