A área de Ferrol alcanza os 400 contaxiados por Covid, pero contén os casos graves

As UCI logran cífras mínimas dende o inicio da crise e súmanse catro xornadas sen novos falecidos
92456522_2883321901763946_5679398674711445504_o (1)

A área sanitaria de Ferrol alcanzou hoxe a cifra de 400 persoas diagnosticadas con Covid-19 dende o inicio da crise. Este novo repunte supón a aparición de 13 novos casos nas últimas 24 horas. O Sergas achaca este cremento da última semana -60 positivos en cinco días- a que se aumentou significativamente o número de test realizados, xa que actualmente se fan case o dobre de probas diarias que ata mediados de abril.

Sen embargo, o sistema sanitario non está padecendo este incremento de casos, xa que a meirande parte deles son leves. De feito, do total de casos, 369 atópanse no seu domicilio e só 31 permanecen ingresados no hospital. Ademais, tamén reducíronse significamente os doentes das UCI, ata alcanzar a actual cifra de 4 persoas, unha das máis baixas dende o inicio da crise. Ata o momento o número de altas é de 82 persoas.

 

 

 

Relacionadas