A Dirección Xeral de Saúde Pública informou hoxe que o número de casos activos na área de Ferrol é de 65 persoas, oito menos que onte. O dato se traduce en que na última semana, desde o sábado día 9, o Sergas deu un total de 50 altas epidemiolóxicas, xa que nesa data eran 115 os infectados nas comarcas.
Do total de activos só dous están ingresados no Marcide e o resto, 63 doentes, están en illamento doméstico. Estas cifras deixan un total de 495 persoas que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. Respecto ao número de falecidos, non se rexistraron novas mortes desde hai unha semana, polo que o total de vítimas relacionadas co Covid-19 segue sendo de 33 persoas, entre os que morreron nas residencias de maiores e nos centros hospitalarios.
Discussion about this post