A área de Ferrol deu 50 altas por coronavirus nunha semana

A día de hoxe son 65 os casos activos por Covid-19 e soamente dous están hospitalizados
marcidex

A Dirección Xeral de Saúde Pública informou hoxe que o número de casos activos na área de Ferrol é de 65 persoas, oito menos que onte. O dato se traduce en que na última semana, desde o sábado día 9, o Sergas deu un total de 50 altas epidemiolóxicas, xa que nesa data eran 115 os infectados nas comarcas.

Do total de activos só dous están ingresados no Marcide e o resto, 63 doentes, están en illamento doméstico. Estas cifras deixan un total de 495 persoas que superaron o virus e obtiveron a alta epidemiolóxica. Respecto ao número de falecidos, non se rexistraron novas mortes desde hai unha semana, polo que o total de vítimas relacionadas co Covid-19 segue sendo de 33 persoas, entre os que morreron nas residencias de maiores e nos centros hospitalarios.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.