A área de Ferrol mantén a tendencia á baixa nos casos activos de Covid

Tan só 16 casos por 100.000 habitantes na última semana fronte aos 51 da media galega
Ampliación Micro 1

A área sanitaria de Ferrol logrou manter un día máis a tendencia á baixa no número de casos activos por Covid-19, rexistrando ata a xornada de hoxe 128 casos activos, un menos que onte. As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal continúan a ser as que menos casos de Covid por 100.000 habiantes teñen de toda Galicia nos últimos 7 días; tan só 16, fronte aos 51 da media galega.

Nas últimas 24 horas producíronse dous novos ingresos hospitalarios e xa son 6 as persoas que se atopan na sétima planta do Arquitecto Marcide e unha na unidade de coidados intensivos. En total, 937 persoas recibiron xa a alta epidemiolóxica desde o inicio da crise.

Nos centros escolares das comarcas, rexistrouse un caso máis que onte e xa son nove: dous casos se deron no CPI As Mirandas, de Ares;  un contaxio no IES de Fene, en Ferrol tamén se rexistrou un caso no CEIP Cruceiro de Canido, no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro e no IES Saturnino Montojo, en Narón sendos contaxios no CEIP de Piñeiros e no CPI do Feal e un novo no CPR Luís Vives de Pontedeume.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.