A área de Ferrol mantén estable o número de casos activos por Covid

Un total de 107 veciños das comarcas están actualmente diagnosticados con coronavirus e 439 xa o superaron

Á área de Ferrol apenas sufriu cambios nas últimas 24 horas respecto do número de contaxios por coronavirus. No reconto deste luns había 107 casos activos, un menos que onte, e as hospitalizacións mantéñense case invariables, con 6 peroas en planta do Arquitecto Marcide e 3 na UCI.

Esto deixa outros 98 casos activos en illamento domiciliario con sintomatoloxía leve. Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública son xa 439 persoas as que superaron o virus nas tres comarcas e recibiron a alta epidemiolóxica.

Respecto do número de falecidos, son 33 as vitimas mortais que deixa ata hoxe o coronvirus en Ferrol, Eume e Ortegal, tres delas en residencias de maiores e o resto nos centros hospitalarios.

 

 

 

 

 

 

 

 

Salir de la versión móvil