A área de Ferrol rebaixa o número de casos activos por Covid tras sete altas dadas nas últimas 24 horas

A pesar de contar con 4 infectados máis as cifras redúcense ata os 115 e os centros hospitalarios de Ferrolterra volven a estar libres de pacientes
Imagen de archivo de un test
Imagen de archivo de un test

Os datos deste mércores 26 de agosto parece que arroxan algo de esperanza na contorna de Ferrolterra nesta segunda onda que estase a vivir. As últimas cifras amosan que o número de novos casos reduciuse a 4 nun so día, contando con sete casos recuperados que sitúan á área de Ferrol nun total de 115 contaxios, supoñendo unha pequena baixada dende que o 29 de xullo detectárase un novo positivo que levantara todas as alarmas.

Ademais, a pesar de que onte coñecíase ao primeiro paciente ingresado pola Covid-19 na área sanitaria de Ferrolterra nesta segunda onda, hoxe mesmo a cifra de hospitalizados volve a estar a cero, atopándose os 115 casos actuais nos seus respectivos domicilios.

Ata o de agora o número de probas PCR realizadas polo complexo hospitalario de Ferrol é de aproximadamente 24.490 tras a realización dun total de 270 nas últimas 24 horas. Cabe destacar que na última semana tan só un 3,3% das persoas sometidas ás probas arroxaron un resultado positivo, sendo esta a segunda porcentaxe máis baixa de Galicia por detrás de Lugo. A maiores tamén se está a facer un rastreo exhaustivo de todos aqueles veciñas e veciñas que tiveron contacto cos novos contaxiados para evitar a propagación continuada do virus e continuar con esta curva descendente

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.