A área de Ferrol rexistra a menor taxa de positivos por Covid-19 en Galicia nos últimos sete días

Nos últimos 7 días déronse un total de 57 novos casos fronte ás 84 altas epidemiolóxicas, sendo hoxe martes o quinto día consecutivo onde os positivos descenden
controlcovid2

A área de Ferrol continúa rexistrando máis altas epidemiolóxicas que novos casos por Covid-19, o que significa que o número de casos activos vaise reducindo paulatinamente. De feito, en tan só unha semana o número de novos contaxios é de 57, fronte ao número total de altas epidemiolóxicas con 84.

Hoxe martes 29 é o quinto día consecutivo onde a curva de contaxios en Ferrol descende de forma moderada, situándose en 150 os casos activos na área sanitaria de Ferrolterra. Destes, 144 atópanse en domicilio e só 6 están hospitalizados, dos cales un dos pacientes ingresou nas últimas 24 horas na unidade de coidados intensivos.

Desde o inicio da pandemia xa son máis de 1.000 os casos detectados tralas máis de 33.000 PCRs realizadas entre o Marcide, o punto móbil do Novoa Santos e as probas a domicilio. Estos datos confirman que a área sanitaria de Ferrolterra é a que menor incidendia de contaxios tivo, obtendo a menor tasa de positividade de toda Galicia cun 2,7%.

En total son 909 os veciños que xa superaron o virus. Nesta segunda onda non se rexistraron falecementos relacionados co coronavirus, polo que o total de persoas que perderon a vida pola Covid-19 segue a situarse en 33.

Estabilidade escolar

Agora mesmo trala crise sanitaria que se está a vivir, os centros escolares están no punto de mira debido a súa potencial perigosidade á hora de provocar a multiplicación de novos casos. Xa no que atinxe ao ámbito educativo, segundo a última actualización dos datos facilitada este mesmo martes, a cifra total de 6 escolares contaxiados parece manterse estable.

Ata o momento había un total de 5 escolas con positivos nas súas aulas: dous positivos en Narón -1 no CEIP de Piñeiros e 1 no CPI do Feal, un en Fene -IES de Fene-, un en Ferrol -IES Leixa- e dous positivos máis no municipio de Ares – os 2 no CPI As Mirandas-. En total son 6 as persoas pertencentes ao ámbito educativo contaxiadas pola Covid-19.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.