A área sanitaria de Ferrol non consegue frear o aumento de casos iniciado hay xa sete días e que se concentra especialmente nos concellos de Ferrol e de Narón. Ambos municipios están en alerta laranxa (ao ter entre 38 e 76 casos por 100.000 habitantes) e vermella (máis de 21), respectivamente. Tamén o veciño municipio de Fene se atopa en alerta amarela con entre 7 e 14 casos.
Nas últimas 24 horas producíuse un aumento significativo dos casos activos, con 19 novos contaxios que sitúa a área de Ferrol con 167 doentes infectados fronte aos 148 de onte xoves. A boa nova e que destes, 164 están nos seus domicilios en illamento e tan só quedan 3 ingresados no Arquitecto Marcide con dificultades respiratorias.
Cabe destacar que o aumento de casos tamén disparou o número de probas PCR realizadas aos contactos estreitos dos novos positivos. Só no día de onte realizáronse máis de 400 probas, o que fai un total de 38.976 deste o inicio da pandemia. Según as cifras do Sergas, nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal xa houbo 1.247 persoas contaxiadas, das cales 1.046 xa superaron o virus e 34 faleceron.
Tamén preocupa o aumento no número de alumnos de centros educativos contaxiados nos últimos cinco días, que xa superan os 20 casos e supoñen preto dun 15% dos afectados da área sanitaria, a maior taxa de Galicia.