A área sanitaria de Ferrol empeza a aplanar a curva dos positivos por Covid-19

No último parte do Sergas contabilizáronse cinco novos casos e suman 312 afectados
1585163430_729234_1585247756_noticia_normal

Unha nova xornada de datos esperanzadores na área sanitaria de Ferrol respecto ao número de positivos por coronavirus. O último dato facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública rexistra 312 casos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, só 5 máis que o día anterior.  Estas cifras empezan a refrendar o aplanamento da curva no número de positivos por coronavirus na zona, ao tempo que aumentan diariamente as altas. Onte producíronse tres máis e xa son 29 os doentes que lograron superar o virus nos hospitais do CHUF.

Tampouco aumentaron os pacientes en UCI. Dos actuais infectados, 264 casos permanecen no seu domicilio con síntomas leves e só 48 están ingresados nos hospitais de Ferrol. Destes, 11 revisten maior gravidade e atópanse nas unidades do coidados intensivos. A pesar disto, o CHUF previu habilitar doce postos máis na segunda planta do Arquitecto Marcide. Na actualidade disponse de dez neste hospital e outras dez postas en marcha nos últimos días no Naval. A elas pódenselle sumar outras doce, ata sumar 32, se se necesitan.

O Sergas continúa recollendo de lunes a domingo novos test de persoas con sospeitas de poder estar contaxiadas. Realízanse ao redor de cen test diarios entre o punto fixo do Novoa Santos, os do Arquitecto Marcide (que teñen prioridade) e os que se realizan a domicilio, sempre baixo prescripción médica. Dende que se iniciou esta campaña de control xa se levan analizadas máis de 1.800 mostras, a maioría cun resultado negativo.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.