A Dirección Xeral de Saúde Pública anunciou hoxe que Ferrol é a primera área sanitaria de Galicia libre de coronavirus. No rexistro diario, a entidade dependente da Xunta apuntou a que a día non hay casos activos por Covid-19 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. En total, son 585 persoas as que durante estes meses de pandemia superaron o virus o obtiveron a alta epidemiolóxica, mentres que outras 33 persoas faleceron por causa do coronavirus.
A área sanitaria era a única na comunidade galega que viña mantendo unha tendencia á baixa desde desde o pasado mes de maio respecto dos casos activos e a única que no experimentara nas últimas semanas un rebrote de contaxios. En Galicia, o número de casos activos de coronavirus é de 207, deles 30 son da área da Coruña, 139 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 17 da área de Vigo e 7 da de Santiago.
A pesar desta boa nova, desde o CHUF insistiron na necesidade de seguir mantendo escrupulosamente as medidas de seguridade e hixiene. Na área sanitaria continúa o plan de detección temperá do virus con máis de 16.000 probas realizadas no Marcide, no Novoa Santos e a domicilio. Ademáis, lembradon que desde hoxe é obrigatorio en toda a comunidade o uso de mascarilla, tanto en entornos abertos como pechados e aínda que se poidan manter as distancias de seguridade.