A área sanitaria de Ferrol reduce a 21 os casos activos por coronavirus

Son dez persoas menos que hai xusto unha semana, mentres que o número de curados aumentou en 16 persoas desde o pasado xoves

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 799, deles 187 son da área da Coruña, 51 da de Lugo, 94 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 268 da área de Vigo, 142 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Isto supón que na área ferrolá son dez casos menos que fai unha semana e dos que só 2 son casos activos en hospitalización e 19 os que se atopan en illamento no seu domicilio. Son un total de 556 persoas as que xa superaron o coronavirus e recibiron a alta epidemiolóxica.

O número de falecidos non variou desde o pasado día 9 de maio, polo que seguen sendo 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid-19 nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Salir de la versión móvil