O paso do coronavirus polas comarcas pertencentes á área sanitaria de Ferrolterra nesta segunda onda de contaxios parece non chegar ao seu fin. O pasado 8 de setembro superábase a cifra récord rexistrada en pleno confinamento -159 casos contabilizadso o 29 de abril-, e na actualidade este número aumenta incesantemente.
Segundo os datos aportados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, as cifras arroxadas nas últimas 24 horas supoñen un total de 5 novos casos, unha lixeira baixada en comparación coa fin de semana, xa que o sábado houbo 12 e o domingo 16 novos contaxios. Porén, as cifras oficiais sempre se resenten os luns posto que son datos de onte domingo, onde as probas epidemiolóxicas redúcense.
Mantense a atención hospitalaria
Unha das boas noticias presentadas nesta nova segunda onda de contaxios na área sanitaria de Ferrolterra en comparación coa primeira é, sen dúbida algunha, que a Covid-19 está a revestir unha menor gravidade nos novos infectados, aínda que non debería ser un dato esperanzador co que rebaixar a alarma social.
Ata o momento non se produciu ningunha morte nin hai doentes nas unidades de coidados intensivos, e as cifras rexistradas hoxe luns 14 de setembro amosan que esos 5 pacientes en unidades de hospitalización mantense á espera de mellorar, mentres que por outra banda hai un total de 181 persoas superando o virus nos seus domicilios.
Preocupación nas residencias de maiores
A pesar de que nestes últimos días non houbo ningunha novidade destacable ao respecto, un dos temas que máis preocupan nesta segunda onda de contaxios é o relativo ás residencias de maiores. Isto débese a que a mortalidade provocada pola Covid-19 acentúase a medida que aumenta a idade do infectado, polo que a intromisión do virus nun destes centros pode ser devastadora.
Ademais, a preocupación xeneralizada incrementous ao rexistrarse os dous primeiros casos de contaxios en varias residencias de maiores da comarca. A pesar diso, dos 33 falecidos contabilizados na área sanitaria de Ferrol tan só 3 de estas vítimas mortais estaban ingresadas en centros de día.