A área sanitaria de Ferrol rexistra 6 novos contaxios por coronavirus, 59 en total

Xurde un novo gromo de 7 infectados en Cedeira e os datos en xeral seguen a ser preocupantes: 105 positivos máis nun só día en toda Galicia
controlcovid2

Renovados os datos aportados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a área sanitaria de Ferrolterra conta cun total de 59 pacientes infectados pola Covid-19, seis máis que onte. A alarma social en toda a comunidade autónoma non cesa, onde xa hai 1.505 casos positivos en toda Galicia: 921 son de A Coruña, 113 de Lugo, 131 de Ourense, 75 de Pontevedra, 139 do área de Vigo e 67 da de Santiago, sendo aínda Ferrol a que menos contaxios ten. Na actulidade, dos 1.505 afectados polo virus 6 permanecen na UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.444 nos seus domicilios.

Segundo o Sergas na localidade de Cedeira xa son 8 os infectados tras  aparecer un novo gromo -cando son 3 ou máis os casos relacionados entre si considérase como tal-, onde un total de 7 persoas pertencentes a un núcleo de convivintes contraxeron a Covid-19.

No que respecta a Ferrol, onte os sindicatos de Navantia confirmaron dous positivos, un nas instalacións de Fene e outro nas de Ferrol, o que obrigou a desinfectar tanto as taquillas como á elaboración dun mapa de contactos persoais de ambos. Polo momento Ferrol mantén os seus centros hospitalarios libres, posto que todos os afectados só sufren síntomas leves e non necesitan asistencia médica.

Na área sanitaria de Ferrolterra xa son 680 os afectados polo virus, dos cales 33 perderon a vida. En Galicia, a día de hoxe un total de 625 persoas faleceron a causa da Covid-19.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.