A área sanitaria de Ferrol segue aumentando a súa cifra de contaxios cun total de 113 positivos

Con esta nova actualización son xa 17 os días consecutivos na comarca de Ferrolterra onde crece o número de afectados pola Covid-19
Un profesional realiza una prueba para la detección de la covid-19
Un profesional realiza una prueba para la detección de la covid-19

Sete novos casos activos por Covid-19 nas últimas 24 horas na área sanitaria de Ferrol elevan o número total de contaxios a 113. Unhas cifras que non se vivían desde mediados do mes de maio, cando aínda o país se atopaba en pleno confinamento. Sen embargo, por aquel entonces, había tres doentes na UCI en estado crítico e preto de dez persoas hospitalizadas con complicacións de saúde. Nesta segunda onda de contaxios, non se rexistraron polo momento ingresos hospitalarios e tódolos casos, segundo informa o Sergas, apenas presentan sintomatoloxía, polo que se atopan en illamento domiciliario. De feito, Ferrol é a única área sanitaria de Galicia na que non hai doentes ingresados.

Ata o de agora o número de probas PCR realizadas polo complexo hospitalario de Ferrol é de case 23.800, cunha media de máis de 200 ao día. Porén, é necesario lembrar que os datos dos luns soen ser máis baixos dos esperados, posto que se amosan os resultados das PCR realizadas no día anterior, domingo, onde o número de probas feitas disminúe. A maiores tamén se está a facer un rastreo exhaustivo de todos aqueles veciñas e veciñas que tiveron contacto cos novos contaxiados para evitar a propagación continuada do virus.

Os brotes de Cedeira e de Cerdido, según informaron ambos concellos, se manteñen estables e xa se deron dúas altas relacionadas con estes casos. Agora, preocupan os tres positivos detectados ata o momento nas factorías de Navantia e que corresponden a traballadores das compañías auxiliares. Hai preto de 30 operarios en corentena á espera do resultado das probas PCR.

Polo momento e a pesar do gran aumento de casos positivos, Ferrol mantén os seus centros hospitalarios libres posto que todos os afectados só sufren síntomas leves e non necesitan asistencia médica. Na área sanitaria de Ferrolterra xa son 590 casos non activos ou curados, e 33 persoas perderon a vida.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.