Xa son total de 53 afectados polo coronavirus na área sanitaria de Ferrol, dous máis ca onte. A pesar de que parece unha cifra un tanto «positiva» -xa que a maior parte dos contaxios diarios superaban con creces os dous novos rexistrados- esta pequena baixada débese a que os domingos non se fan tantas probas PCR, polo que é lóxico que a curva de contaxios amose unha pequena freada.
En Galicia as cifras xa son moi preocupantes pois contabilízanse un total de 1.400 pacientes positivos, dos cales 851 son da área de A Coruña, 110 da de Lugo, 114 en Ourense, 70 en Pontevedra, 139 na área de Vigo e 63 de Santiago, aproximándose perigosamente a área sanitaria de Ferrolterra.
Porén, tras as novas medidas decretadas polo Goberno -como a prohibición de fumar en espazos públicos se non se pode respetar a distancia social ou o peche exclusivo do ocio nocturno- haberá que esperar se teñen un certo efecto á hora de frear a veloz expansión de esta segunda oleada da Covid-19.
Polo momento a os centros hospitalarios de Ferrol continúan libres de coronavirus xa que todos os afectados atópanse nas súas casas debido a que só sufren síntomas leves. Ademais segundo novos datos descubertos, dous traballadores de Navantia -un de Fene e outro de Ferrol- son positivos. Trátanse de dous compañeiros de empresas auxiliares.
Na área sanitaria de Ferrolterra xa son 680 os afectados polo virus, dos cales 33 perderon a vida.