A situación sanitaria da área de Ferrol continúa a empeorar e xa alcanza cifras similares ás do mes de abril, en plena pandemia e Estado de Alarma. Nas últimas 24 horas o número de casos activos aumentou en 45 novos contaxios o que sitúa a cifra total en 222, un novo récord nesta segunda onda. Ademáis, tamén emperou a situación nos hospitais con respecto a onte, con tres novos ingresos na sétima planta do Arquitecto Marcide, onde xa hai 8 doentes, e un máis na unidade de coidados intensivos.
A escalada de casos de coronavirus que ven sufrindo a zona da ría de Ferrol tamén aumentou o control sobre os contacto estreitos, polo que este aumento repentino de casos pódese deber ao incremento de PCRs realizadas os pasados días. O venres e o sábado se superaron as 400 e 300 PCR, cando a media na área sanitaria ronda as 200. En total, xa se levan realizardas 40.271 destas probas entre o Arquitecto Marcide, o punto móbil do Novoa Santos e a domicilio.
Este novo incremento de casos fixo que o municipio de Narón volva a estar en alerta vermella (nivel tres), ao rexistrar máis de 21 casos e ter menos de 50.000 habitantes. O Concello de Ferrol (con entre 38 e 76 casos por 100.000 habitantes) e o de Fene (entre 14 e 21) siguen en laranxa ou nivel 2, e Neda (entre 7 e 14) en amarelo.
Segundo os datos ofrecidos pola Dirección Xeral de Saúde Pública, xa son 1.324 os veciños das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que se contaxiaron polo Covid-19 desde o incio da pandemia, dos que 1.067 xa recibiron a alta epidemiolóxica e 35 faleceron.