A área sanitaria de Ferrol xa está a realizar probas PCR a toda a docencia

O Hospital Novoa Santos encárgase de facer 200 probas diarias ata chegar ás 2.300 previstas antes de dar comezo o curso escolar 
controlcovid2

A Área Sanitaria de Ferrol xa está a facer as probas de detección da Covid-19 a profesionais do ámbito da Educación. Para a súa execución habilitouse un terceiro punto físico no interior do Hospital Novoa Santos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Onte realizábanse as 200 primeiras probas, e hoxe xa se establece a dinámica actual de realizar unha media de 200 probas diarias en horario de mañá e tarde, ata alcanzar as máis de 2.300 probas previstas na Área Sanitaria de Ferrol, durante aproximadamente doce días. Un total de seis profesionais da Área Sanitaria, dúas profesionais de Enfermaría e unha celadora desenvolven esta actividade de cribado

O cribado realízase mediante test rápido de anticorpos de dobre banda ó persoal dos distintos centros educativos da Área co obxectivo de determinar as posibles infeccións por Covid antes de dar comezo o curso escolar.

Tres puntos de mostras no Novoa: dous no automóbil e un persoal

O Hospital Novoa Santos conta neste intre con tres puntos de toma de mostras: dúas carpas de acceso co automóbil no que se realizan as probas PCR, e un activado onte martes 25 de agosto no interior do edificio no que se acode persoalmente.

Nos puntos do automóbil traballan na actualidade un total de 14 persoas -sete equipos formados por enfermeira e Técnica de Coidados Auxiliares de Enfermaría-, os cales acudirán ós domicilios en caso de ser necesario.

Agradecementos e precaución

Dende a Área Sanitaria de Ferrol quérese reiterar novamente o agradecemento pola implicación, traballo, responsabilidade e compromiso de cada un dos profesionais sanitarios e non sanitarios. Un agradecemento tamén á poboación polo seu esforzo e á que hoxe se lle pide o máximo coidado e precaución, xa que de todos e cada un de nós depende o coidado das medidas para evitar a transmisión deste coronavirus. Non podemos baixar a garda, porque todos temos que coidar de todos neste intre. É necesario evitar as aglomeracións e ser moi rigoroso co lavado de mans, co emprego da máscara, e co mantemento da distancia social.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.