A área sanitaria de Ferrol xa ten a peor evolución de contaxios por coronavirus de Galicia

Actualmente son 147 os casos activos na zona, fronte aos 108 de fai unha semana
Salvador Sas / EFE
Salvador Sas / EFE

O coronavirus avanza de forma preocupante na área sanitaria de Ferrol e, especialmente nos concellos de Ferrol e Narón, que se atopan en alerta laranxa (de 36 a 76 casos por 100.000 habitantes) e vermella (máis de 21 casos), respectivamente. Tamén o veciño municipio de Fene leva dous días en alerta amerela (entre 7 a 14 casos nos últimos sete días).

A día de hoxe son 147 os casos activos por Covid-19 na área de Ferrol, 39 que o mércores da pasada semana. Nas últimas 24 horas se confirmaron 17 novos casos por coronavirus e se produciron 6 altas epidemiolóxicas. Os ingresados no Marcide con dificultades respiratorias son 5, os mesmos que onte. En total, son 1.221 os veciños e veciñas de Ferrolterra, Eume e Ortegal contaxiados desde o inicio da pandemia, dos que 1.040 xa lograron superar o virus.

Estas cifras colocan á área sanitaria de Ferrol coa peor evolución de contaxios de Galicia, cunha razón de taxas de 1,98. Este indicador úsase para marcar a evolución dos casos: se vale máis que 1 é que a incidencia e maior cada vez; se é igual que 1 é que a incidencia é igual; e se vale menos que 1 é que descende. Neste caso, a área roza case o 2, fronte ao 1,27 da media galega.  Esta cociente obtense comparando a taxa de incidencia acumulada en 14 días actual coa de hai unha semana, polo que no caso de Ferrol é case do doble.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.