A área sanitaria de Ferrol continúa a crecer día a día a un ritmo propio dos peores meses da pandemia. O número de probas PCR que se están realizando diariamente no CHUF, que superan de longo as 200, está a desvelar unha media de 20 novos casos positivos cada xornada desde fai case dúas semanas. Nas últimas 24 horas foron 19 os novos contaxios detectados que deixan un balance total de 251 veciños e veciñas contaxiados de coronavirus.
Cabe lembrar que actualmente a cifra de contaxios é a mesma que o 12 de abril (por aquel entonces as hospitalizacións rondaban as 50 persoas ingresadas), en pleno Estado de Alarma e que foi unhas semanas antes, coincidindo coa Semana Santa, cando, según os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, a área de Ferrol alcanzou o seu máximo de casos, con 338 contaxios, 87 menos que os que temos actualmente.
Tamén continúa empeorando o diagnóstico dos casos detectados e xa son 16 as persoas hospitalizadas na séptima planta do Arquitecto Marcide con dificultades respiratorias e outra na Unidade de Coidados Intensivos. O incremento de casos tamén está a aumentar o número de rastreos e de controis de contactos estreitos, aumentando tanto a televixiancia como a realización de probas PCR, que xa son 41.082 desde o inicio da pandemia e 26.013 test serolóxicos.
Por municipios, a peor situación atopámola en Narón, que está en alerta vermella (nivel tres), ao rexistrar máis de 21 casos e ter menos de 50.000 habitantes. Ferrol, que ten entre 38 e 76 casos por 100.000 habitantes, e Fene (entre 14 e 21) seguen en alerta laranxa ou nivel 2, Neda (entre 7 e 14) atópase en nivel 1 ou alerta amarela. Ademáis, no día de onte a Dirección Xeral de Saúde Pública tamén incluíu a Pontedeume en alerta amarela ao rexistrar na última semana entre 7 e 14 casos.