A sala de exposicións da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao acolle unha mostra colectiva do Grupo Obradoiro, formado por pintores ferroláns non profesionais. Desde mañá ata o 7 de setembro poderase visitar no peirao de Curuxeiras.
Todas as obras desta exposición son pinturas ao óleo de temáticas moi variadas. Na mostra pódense encontran paisaxes rurais e urbanas de Ferrol e incluso bodegóns e cadros de temática mariña. Santiago Costa, un dos integrantes do Grupo Obradoiro, anima a que a xente se achegue ata a exposición para «pasar un momento entretido contemplando as paisaxes de Ferrolterra».
A apertura da mostra terá lugar mañá, ás 18.00 horas, na sala de exposicións sita no peirao de Curuxeiras. Poderase visitar ata o 7 de setembro, en horario de 18.00 a 20.30 horas.