A Asociación de Empresarios de Ferrolterra repartirá 22.000 mascarillas entre os asociados

A asociación empresarial IEN por Europa tamén xestionou a compra de 16.000 unidades

A Asociación de Empresarios de Ferrolterra recibiu esta mañá un total de 22.000 mascarillas protectoras de tipo cirúrxico que serán repartidas entre os asociados. O cargamento provén do Centro de Coordinación Operativo Integrado de la Xunta de Galicia, que he o encargado de centralizar o reparto na comunidade do material entre entidades públicas e concellos.

Pola súa banda, Iniciativa Empresarial do Noroeste ( IEN por Europa) xestionou a compra de 16.000 máscaras para os seus asociados utilizando a canle de distribución aberto pola Xunta de Galicia a través da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

As empresas que forman parte da patronal presidida por Manuel Pérez puideron canalizar as súas necesidades máis inmediatas a través da entidade nesta primeira fase, aínda que é probable que se realice polo menos un segundo pedido, para o que tamén serán puntualmente informados todos os asociados. As máscaras, de tipo cirúrxico, puxéronse ao dispor dos empresarios, segundo o disposto polo Centro de Coordinación Operativa ( Cecop) da Xunta, a prezo de custo, é dicir, 0,36 euros a unidade.

 

Salir de la versión móvil