A Asociación Sociocultural ASCM retomará a atención virtual en Ferrol debido ao avance da pandemia

A entidade social non quere correr ningún risco cos seus usuarios, moitos deles persoas de risco polo que, sen cita previa, non se levará a cabo a atención presencial
119438210_4675274555823524_6181863078376003365_o

Ante o aumento de casos por Covid-19, na área sanitaria de Ferrol, a Asociación Sociocultural ASCM decidiu restrinxir a presencialidade á atención individualizada, sempre baixo cita previa. Polo tanto, retomarase o teletraballo e a atención a distancia co obxecto de garantir e priorizar a seguridade e a saúde das persoas e/ou usuarias, ASCM considera necesario establecer estas restricións ata novo aviso.

Atención presencial só con cita previa

A entidade, que traballa con persoas con discapacidade, retomará a atención virtual para previr posibles contaxios, posto que moitos dos seus usuarios son persoas de risco. O aumento do índice de contaxios na comarca foi determinante para restrinxir a presencialidade á mínima expresión xa que, en palabras da súa presidenta, Paula Gárate, «o prioritario para unha entidade como a nosa son as persoas, e seguiremos traballando, a distancia, evitando riscos innecesarios».

A nova normalidade é cambiante e, desde ASCM, aseguran que irán adaptando as medidas e os protocolos en función da situación epidemiolóxica da comarca. Ademais, seguirase apostando polas novas tecnoloxías para manter adaptando a actividade ás circunstancias.

Como seguir recibindo atención presencial

As persoas interesadas en recibir atención presencial deberán contactar coa entidade e solicitar cita previa. Ademais, para recibir algún tipo de información e/ou asesoramento, a distancia, poderán empregarse as canles habituais: o teléfono 981 35 14 30, o WhatsApp 604 05 57 03 ou no mail [email protected]. Ademais, manterase a canle de noticias ASCMÓVIL e o fluxo de información en blogues e redes sociais.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.