A Asociación Sociocultural ASCM retomará a atención virtual en Ferrol debido ao avance da pandemia

A entidade social non quere correr ningún risco cos seus usuarios, moitos deles persoas de risco polo que, sen cita previa, non se levará a cabo a atención presencial

Ante o aumento de casos por Covid-19, na área sanitaria de Ferrol, a Asociación Sociocultural ASCM decidiu restrinxir a presencialidade á atención individualizada, sempre baixo cita previa. Polo tanto, retomarase o teletraballo e a atención a distancia co obxecto de garantir e priorizar a seguridade e a saúde das persoas e/ou usuarias, ASCM considera necesario establecer estas restricións ata novo aviso.

Atención presencial só con cita previa

A entidade, que traballa con persoas con discapacidade, retomará a atención virtual para previr posibles contaxios, posto que moitos dos seus usuarios son persoas de risco. O aumento do índice de contaxios na comarca foi determinante para restrinxir a presencialidade á mínima expresión xa que, en palabras da súa presidenta, Paula Gárate, “o prioritario para unha entidade como a nosa son as persoas, e seguiremos traballando, a distancia, evitando riscos innecesarios”.

A nova normalidade é cambiante e, desde ASCM, aseguran que irán adaptando as medidas e os protocolos en función da situación epidemiolóxica da comarca. Ademais, seguirase apostando polas novas tecnoloxías para manter adaptando a actividade ás circunstancias.

Como seguir recibindo atención presencial

As persoas interesadas en recibir atención presencial deberán contactar coa entidade e solicitar cita previa. Ademais, para recibir algún tipo de información e/ou asesoramento, a distancia, poderán empregarse as canles habituais: o teléfono 981 35 14 30, o WhatsApp 604 05 57 03 ou no mail ascm.ferrol@ascmferrol.com. Ademais, manterase a canle de noticias ASCMÓVIL e o fluxo de información en blogues e redes sociais.

Salir de la versión móvil