A Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño arranca con estritas medidas de prevención

Cambios de calzado, dispensadores de hidroxel, controis de temperatura ou desinfección de mandilóns son algunhas das normas establecidas para prever a Covid-19
INICIOCURSO9

Os dez nenos e nenas matriculados na Aula da Natureza-Punto de Atención á Infancia de Valdoviño iniciaban esta mañá do venres 4 de setembro o curso entre estritas medidas de prevención fronte á covid-19. Comezan unha fase de adaptación atípica que se prolongará dependendo do propio ritmo das crianzas, aínda que se estima arrancar co horario habitual de 8.00 a 16.00 horas a finais da semana que vén.

A «nova normalidade» escolar

Entrada escalonada entre as 8.00 e as 10.00 horas, cambio de calzado e retirada de chaquetas e abrigos, que quedan fóra do centro. O mesmo que os seus pais e nais, que acompañan ás crianzas tan só ata o acceso, nun vestíbulo acristalado habilitado ex profeso polo Concello de Valdoviño.

A partir de aí, realizarase un control de temperatura e unha recollida de mandilóns. As instalacións mudaron tamén por mor do coronavirus, con dispensadores de hidroxel e de papel -que substituirá ás toallas e panos- a cada paso.

Tamén incorporouse un equipo de desinfección de xoguetes e despexouse ao máximo o espazo de elementos, xa que tan só se manteñen aqueles que permiten unha limpeza continua. O persoal do PAI terá precisamente que compatibilizar o coidado e ensinanza no centro con estas labores, constantes.

Así mesmo, potenciaranse ao máximo as actividades no exterior, tanto na zona ao aire libre como na cuberta e as familias xa recibiron a solicitude de achegar unhas botiñas de auga e uns abrigos específicos para aproveitar ao máximo xardín e patio. No interior, a ventilación será constante.

Reducción das prazas ofertadas

Este ano o Concello tamén reduciu as prazas: das 20 ofertadas ata as 10 actuais. Iso si, a partir de novembro, abrirase unha nova matrícula para ocupar as 4 que se ofrecerán a maiores. A fin de minimizar riscos, as merendas e a auga son adquiridas pola Aula da Natureza e os portacomidas, que seguen a achegar as familias, son desinfectados ao entrar ao centro. Medidas todas elas que buscan un curso o máis seguro posible no marco da nova normalidade

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.